Quen somos?
RÚA WEAR nace dunha forma de vivir o fútbol que non comeza nin remata co asubío do árbitro.
Nace nas bancadas, nos desprazamentos, nas previas e neses quilómetros percorridos seguindo unhas cores. Nas amizades que se crean arredor dun equipo, nos cánticos, nas rúas de cada cidade e en todas esas historias que só entende quen viviu o fútbol dende dentro.
Para nós, o fútbol é moito máis ca o que acontece sobre o céspede. É pertenza, identidade e comunidade. É quedar horas antes dun partido, percorrer centos de quilómetros, volver á casa sen voz e estar pensando xa na seguinte fin de semana.
De aí nace RÚA WEAR.
Unha marca de roupa casual inspirada na cultura das bancadas e en todo o que as rodea. Deseñamos prendas para levar calquera día, dentro e fóra do estadio, buscando unha estética limpa e unha identidade propia, sen esquecer nunca de onde vimos.
Non queremos representar o fútbol dos focos, dos palcos ou das grandes campañas. Inspíranos o fútbol que se vive a pé de rúa: o da xente que está sempre, o das bancadas cheas de historias e o de quen entende que seguir un equipo é tamén unha forma de pertencer a algo.
RÚA WEAR é a nosa maneira de levar esa cultura máis alá do día de partido.
Feito dende abaixo.
Da rúa para a rúa.